• "Acción sorpresa", limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona de A Cabana

    O Colectivo de cidadáns, "Acción directa de recuperación de espazos públicos", volveu a carga. Esta semana foi unha "acción sorpresa", coa limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona de A Cabana, para seguir coa súa política de denuncia do abandono e deterioro dos bens patrimoniais e paisaxísticos da nosa cidade.

    É de recalcar que dito lavadoiro encóntrase nunha das rutas propostas polo Concello de Ferrol na súa páxina web.

    As obras incluíron tanto a limpeza da zona coma o selado do lavadoiro xa que as
    súas fugas impedían o enchido do mesmo. Amais este colectivo ten proxectado a
    reparación dunha fonte anexa a dito lavadoiro, xa que o seu estado de deterioro causa a fuga da auga polos seus muros e impide o seu uso.

    Con esta acción, que neste caso acometeron soamente membros desempregados do grupo, queremos poñer novamente de manifesto a nosa petición de contratación de desempregad@s por parte do Concello de Ferrol para acometer o mantem
    ento dos bens do mesmo.

    Outros lavadoiros do municipio foron obxecto de centos de miles de euros de inversión para a súa "restauración" e lles cambiaron totalmente a fisionomía pasando a ser máis unha nova construción. Non estamos en contra de ditas obras pero pensamos que hai outras obras prioritarias para o noso municipio, por exemplo a creación de beirarrúas nesta zona da comarca.

    Queremos recordar a tódolos cidadáns concienciados coa deterioración continua dos nosos espazos naturais, patrimonio e espazos públicos, que o noso grupo está aberto á participación.

    O próximo sábado, día 25 de agosto, acometeremos a II xornada de traballo na Batería de San Cristovo. O horario será de 09:00 a 14:00, (Aínda que a xornada de traballo é libre, en función do tempo de que dispoña cada persoa).

    As persoas interesadas, pódense inscribir no correo electrónico:
    recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, nos teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497, ou ben acudir directamente á zona ou ao aparcadoiro da Feira de Mostras o sábado ás 8.45 horas.

0 comentarios:

Publicar un comentario