• Resumo da I xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    Nesta primeira xornada de traballo na Batería de San Cristovo, tivemos máis traballo do previsto. A empresa contratada polo Concello para a roza "mutilou" as acacias do carón da estrada, entón decidimos acometer unha poda e clareado tamén nas árbores.

    A xornada prolongouse dende as 9:00 h, ata as 14:00 h, nese tempo realizamos a poda das árbores, roza da vexetación do miradoiro, así como limpamos as escaleiras de baixada cara á Batería, (de 1`50 m de ancho que miden, había sitios nos que apenas quedaban 40 cms para baixar).

    Nos traballos tratamos en todo momento de ser coidados@s coa vexetación autóctona, asesorándonos previamente das especies existentes na zoa por parte de Toni, membro de Verdegaia. Nos traballos atopamos e respetamos; Fiuncho (Foeniculum vulgare) e Espiño negro (Rhamnus lycioides velutinus)

    A seguinte acción de recuperación centrarase exclusivamente na Batería, que esperamos recuperar para o desfrute dos cidadáns e xente que visita a nosa cidade. (pensamos que daremos feito todo na seguinte xornada)

    Queremos pedir ao Concello de Ferrol, que realice a tarefa de recollida dos restos da roza, os de Ponzos a pesar do amoreado que realizamos seguen sen recoller.

    Tamén decidimos pasar por rexistro no Concello, os gastos ocasionados en combustible e material, e que se nos expida un talón a nome da Cociña Económica de Ferrol, entidade a que queremos doalo.



0 comentarios:

Publicar un comentario