• Traballo rematado no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos por parte do colectivo de cidadáns "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

    Fin das tarefas de limpeza e roza no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos por parte do colectivo de cidadáns "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

    Nesta terceira xornada de traballo comunitario, limpamos de maleza a periferia de toda a Mina, á parte, coa colaboración dun compañeiro que puxo un remolque ao noso servizo, recollemos todo o lixo acumulado na zona, así como procedeuse ao amoreado dos restos da roza.

    Ao longo da mañá foi continuo o ir e vir de veciñ@s da zona que quixeron ver os traballos de recuperación da zona.

    En breve, "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", acometerá outro traballo de recuperación doutro enclave de valor na bisbarra.

    Damos as grazas a todos os colectivos que nos están a mandar mostras de solidariedade. En breve iremos facendo público o nome de Asociacións, Colectivos, Partidos e Sindicatos que se suman ás nosas reivindicacións.

    ANTES E DESPOIS



    Apúntate!!

    e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com

    Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

    Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

0 comentarios:

Publicar un comentario