• Horta Comunitaria de Caranza

    Hoxe botamos unha pequena man na limpeza do redor da Horta Comunitaria de Caranza. Con este xesto, que non será o último, queremos solidarizarnos con este grupo de cidadáns que están a poñer en práctica esta interesante iniciativa. Están a recuperar un espazo público en situación de abandono nos terreos próximos ao paseo marítimo de Caranza.

    Xa son oito as xornadas de traballo que levan realizadas estes cidadáns na horta, e aquilo xa parece outra cousa. Esta iniciativa non pasa desapercibida, toda a xente que pasa polo paseo parase a mirar, interesarse e dar ánimos.

    Adiante compañeir@s!!

1 comentarios:

  1. A vida é nosa, e esta nas nosas mans.
    E esta en as nosas mans.
    Jamas os soños substituíron á vida, vivir é un soño que se soña espertos.

Publicar un comentario