• I Xornada de traballo na Batería de San Carlos

    Primeira xornada de traballo do colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", na Batería de San Carlos.

    A pesar do forte temporal rexistrado na mañá de hoxe, decidimos seguir o programa previsto, os traballos na súa maioría foron de roza do chan da fortaleza e recollida de restos, así como o apilado de lixo atopado. O próximo sábado pasaremos a limpeza na parte superior dos muros, e das pedras. 

    Seguimos demandando ao Concello a paralización da obra na Praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro o utilice en poñer en valor o que xa temos, neste caso, como nos anteriores, en estado de abandono.

0 comentarios:

Publicar un comentario