• Traballo rematado na Batería de San Carlos

    Despois da 5ª xornada de traballo deste pasado sábado, damos por finalizados os labores de limpeza na Batería de San Carlos. 

    Os traballos nesta fortaleza consistiron na limpeza dos muros, roza da maleza e silvas do interior, e limpeza do empedrado do chan. 


    O vindeiro sábado acometeremos a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono por parte do actual goberno local. 

    Queremos transmitir ao grupo popular o noso malestar pola apatía e desconsideración demostrada hacia nós, pois nin tiveron a decencia de respostarnos a un escrito entregado por Rexistro no Concello. As nosas “represalias” virán dadas como ata o de agora, deixando en evidencia o abandono e mal estado da cidade de Ferrol, e cun obxetivo común, a paralización do investimento e malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España.

0 comentarios:

Publicar un comentario