• FLASHMOB DOS "REIS VAGOS"

    Hoxe realizamos o Flahmob que parodiou os 16 meses de goberno do Partido Popular no Concello de Ferrol. 16 Meses nefastos, e cheos de inoperatividade por parte do goberno de Rey Varela, non nos arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade, pero proxectan obras millonarias e sen sentido, como a da Praza de España, na que pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. Tamén teñen prevista outra obra no Parque Municipal por valor de 450.000 euros.

    O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas)

    Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

    Esta é a nota informativa que se repartiu á cidadanía

     
     Video 

0 comentarios:

Publicar un comentario