Para poder "pescar" os neumáticos dispuxemos dun aparello especial, fabricado para a ocasión. tratábase dunha corda, que ao seu extremo levaba atada un pequena áncora.
Os transeúntes parábanse a falar e a facer fotos cos seus móbiles. Tamén máis dun condutor, parouse a charlar, cando non, minoraban a marcha para ver o que faciamos.
Ao remate da xornada fíxose entrega da Copa ao gañador e medallas para @s tres primeir@s clasificad@s, así como a entrega para tod@s, duns diplomas conmemorativos desta acción ecolóxica.
Con esta acción queremos denunciar o descoido e abandono da nosa ría, na cal, á parte dos lodos existentes, se amorea unha cantidade salvaxe de "ferralla", isto ante a total impasibilidade das nosas autoridades.
Aproveitamos a ocasión para solidarizarnos con todas as asociacións e colectivos que loitan pola defensa da nosa ría. Agardando que a delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, consiga trasladar en Europa a realidade do que está a suceder realmente na ría de Ferrol.
0 comentarios: