• Limpeza do Miradoiro da Cabana

    Mañá, sábado, día 2 de marzo, acometeremos a limpeza do Miradoiro da Cabana, unha zona verde abandonada por parte do Concello de Ferrol. (Ao lado do Centro de Innovación e Servizos da Cabana). 

    As persoas interesadas poden acudir directamente á zona de traballo ou ao aparcadoiro dá Feira de Mostras ás 8.45 horas, de onde sairemos no menor número de coches posibles. 

    Queremos aproveitar a ocasión para denunciar que as sacas con lixo recollidas na praia do Olmo, e os neumáticos recollidos na marisma da Malata, seguen sen ser recollidos por parte da empresa que ten que prestar eses servizos.

    NON AO MALGASTO DE 916.000 EUROS NA PRAZA DE ESPAÑA!! 

    PARÉMOLOS!!

    Para calquera información adicional facilitamos o noso correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, e os teléfonos: 620 312 992 -637 567 497 

0 comentarios:

Publicar un comentario