• Máis de 300 kg de residuos retirados da praia de Cariño

    Este sábado, o noso colectivo limpou a praia de Cariño (Próxima ao Porto Exterior), esta limpeza enmarcase dentro dunha campaña a nivel global organizada por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano.

    Nas tarefas de limpeza retiramos máis de 300 kg de residuos, na súa maioría plásticos, e cantidade de madeiros. Tamén limpamos a canalización do regato que desemboca na praia, este estaba totalmente obturado, o cal facía que a auga erosionase nun punto concreto, dando lugar á derruba da canalización, a mesma foi subvencionada con fondos da UE e atopase nun pésimo estado de consevación.

    O obxectivo principal desta campaña é de concienciar á opinión pública sobre as verteduras e residuos que rematan nos océanos. Para facernos una idea, na actualidade, cada segundo rematan no mar 206 kg de refugallos flotantes, que veñen sendo unha das principais causas de mortandade de moitas especies marinas.  

    Na mesma campaña, @s compañeir@s do "Océano Surf Club" de Ferrol acometeron a limpeza da praia de Doniños.

    Premer para ver a galería fotográfica 

0 comentarios:

Publicar un comentario