• Mañá sábado, limpeza da cala colindante co Auditorio de Caranza

    Mañá sábado, dende colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometeremos a segunda limpeza que enmarcamos dentro da campaña a nivel global organizada por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano.

    Como é habitual, invitamos á cidadanía a participar desta xornada ecolóxica, que dará comezo ás 9:30 h ata as 14:00 h , a mesma terá lugar na cala colindante co Auditorio de Caranza, onde se amorean centos de quilos de residuos. 


    Onte na Fundación Novacaixagalicia, tivo lugar o debate radiofónico “Foro Voz”, baixo o título “Contra o declive demográfico”, no mesmo participaba José Manuel Rey Varela, Alcalde de Ferrol. Este fixo alarde do moito que está traballando o gobernó municipal para facer atractiva a cidade. A resposta veu dada dende o público cando foi a quenda de micrófono aberto aos asistentes, un dos membros do noso colectivo dirixiuse directamente ao Sr Alcalde de Ferrol con estas palabras;

    - Unha pregunta señor Alcalde, Coñece por un casual o Castelo de San Cristovo, o castelo de San Carlos ou a Fonte de Ínsua?

    - Porque hai case un ano que é un colectivo cidadán o que vén realizando esas tarefas de recuperación do patrimonio e dos espazos públicos.

    - Que ten que dicir do malgasto proxectado para a Praza de España de 916.000 euros, e outro 1.000.000 de euros para poñer un ascensor na Costa de Mella?

    - Por que dende o Concello se patrocina o equipo de fútbol da cidade con douscentos veintipico mil euros por levar o logotipo Patrimonio da Humanidade e non se destina nin un só euro en recuperar ese patrimonio?

    A resposta do Alclade foi que tiña que dar as grazas a ese colectivo polo traballo feito, pero que non tiñan cartos para facer o que faciamos nós.

0 comentarios:

Publicar un comentario