• Resumo da I limpeza na Ribeira de Caranza

    Foi imposible rematar as tarefas nunha soa xornada, os centos de quilos retirados (máis de 500) dan unha lixeira idea do estado calamitoso en que se encontra a ría de Ferrol. 

    Queremos especialmente chamar a atención ás autoridades sobre os residuos retirados, o 70% destes é material hospitalario, bolsas de colonoscopia (e outras), toallas de escuma enxaboadas, bastóns para limpar os oídos e ata restos de pomadas. Sen lugar a dúbidas estes restos proceden dun centro de saúde da zona, ben do Ambulatorio de Caranza ou do Hospital Xeral. 

    Solicitamos públicamente ao Concelleiro de Servicios, que ordene a retirada das bolsas de lixo recollidas, estás encóntranse na parte superior da cala. (Recomendamos que leven un camión pequeno).

    Estos traballos forman parte dunha campaña a nivel global organizada por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano. Esta é a segunda acción que acometemos dentro desta iniciativa, e por desgracia, teremos que volver o sábado que vén para rematar a faena.

     

    Pola paralización do malgasto de 916.000 euros na Praza de España, e outro 1.000.000 de euros para a Costa de Mella.
    Premer para ver a galería de fotos
    Preto das escaleiras que limitan co ESEPA, deixamos os restos de madeira retirada, esperemos que algún veciño que faga uso se decida a retirala, pois temos a certeza que dende o Concello non procederán a retirados.


    Premer para ver a galería de fotos

1 comentarios:

  1. Bunburyna dijo...

    Quedó impresionante!! :))

Publicar un comentario