• "Acción Directa" no Regato de Doniños

    O sábado e o domingo, o colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" estará traballando na recuperación e limpeza do regato de Doniños, unha das paraxes máis visitadas de Ferrol. Toneladas de residuos e entullos amontóanse en toda a canle, mesmo hai uns meses se podía ver o cadáver do que podía ser un golfiño, ou un peixe espada, en avanzado estado de descomposición. Tamén eliminaremos da zona a especie invasora coñecida como "Uña de gato" (Carpobrotus edulis) 

    Calquera cidadán que se sinta identificado coas nosas accións de recuperación de espazos públicos, e de denuncia social, pode sumarse connosco a estas tarefas. Soamente é necesario levar unhas luvas e calzado axeitado. 

    Ambos os dous días, a saída realizarase dende o aparcadoiro de en fronte a FIMO, ás 9:30 da mañá, usando para elo o menor número de vehículos necesarios. Ou ben pasándose pola zona de traballo a en función do horario de dispoñibilidade de cada persoa.

0 comentarios:

Publicar un comentario