• Fonte dos Corrais

    Onte sábado, o colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, traballou na fonte dos Corrais, en Serantes. Os traballos consistiron na limpeza da pedra e do desaugadoiro.

    Esta fonte encóntrase abandonada, e vaise mantendo grazas a algunha limpeza puntual que realiza pola súa conta algún veciño.

    A semana pasada lemos nos medios que o concello destinará 23.900 euros á rehabilitación da antiga fonte da Orde Terceira. Á vista está que prefire acometer outro malgasto e logo asistir a unha inauguración, que destiñar ese diñeiro á contratación de desempregad@s que poderían traballar no mantemento do patrimonio.


0 comentarios:

Publicar un comentario