A acción deu comezo na rotonda que dá acceso das Pias á Gándara, facendo limpeza nos pasos de peóns ata chegar a Catabois.
Queda patente co mantemento de viais por parte do Concello de Ferrol é nulo, en varias zonas da Gándara as herbas alcanzan os 2 metros de altura,impedindo a visibilidade aos vehículos e peóns.
Queremos coas nosas acción denunciar o malgasto e despilfarro previsto por parte do goberno municipal, por valor de 812.000 euros para a Praza de España, por ser una obra innecesaria. Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo, e escolas taller especializadas na reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos.
0 comentarios: