• Exposición de fotografías que denuncian o estado de abandono da nosa ría.

    Mañá sábado, a partir das 11:00 hs. a Praza de Armas de Ferrol acollerá unha exposición na rúa, de case 200 fotografías que denuncian o estado de abandono da nosa ría. 

    Esta expo é organizada polo colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", e a finalidade desta é tratar de concienciar os políticos e á cidadanía do valor ecolóxico e patrimonial incalculable que ten a nosa ría, que ten que ser o verdadeiro motor de desenvolvemento económico de Ferrolterra, e por desgraza botada a perder polos distintos gobernos que tivemos. 

     Non ao malgasto! 

    Agora o Concello de Ferrol pretende malgastar 500.000 euros de diñeiro público na adquisición de distintos terreos militares, a maioría deles convertidos actualmente en autenticas entulleiras. Un malgasto que non se entende, pois non falamos de edificacións catalogadas como "Ben de Interese Cultural" (BIC). Mentres que as que si o son, como é o caso do Castelo de San Felipe, Batería de San Carlos, Batería de San Cristovo, Dique civil de A Cabana, e outros moitos, están en estado de abandono por parte das administracións.

0 comentarios:

Publicar un comentario