• Antes e despois

    Ribeira de Caranza

    Antiga Muralla de Canido

    Praia de Cariño

    Xardín A Cabana

    Miradoiro da Ría, A Cabana

    I Campionato do Mundo de Pesca de Neumáticos 

    Dique Civil de A Cabana

    Muíño do Santo

    Tapado de fochas no aparcadoiro do Sánchez Aguilera.

    Limpeza do río Sardiña

    Parque Monumento Torrente Ballester

    Batería de San Carlos



    Erradicación do Plumeiro da Pampa en Caranza

    Batería de San Cristovo


    Fonte de Chamorro
    O colectivo de cidadáns que formamos o grupo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometemos unha nova acción sorpresa, esta vez tratouse da limpeza da fonte de Chamorro, así como do desaugadoiro e arredores. Esta acción pódese cualificar de simbólica, pois o concello terá que actuar nesta urxentemente, estase a esborrallar e dubidamos que poida resistir un par de invernos máis.

    Miradoiro da Batería de San Cristovo


    Lavadoiro de A Barca - A Cabana

    Recuperación dun lavadoiro na zona de A Cabana, para seguir coa nosa política de denuncia do abandono e deterioro dos bens patrimoniais e paisaxísticos da nosa cidade.

    É de recalcar que dito lavadoiro encóntrase nunha das rutas propostas polo Concello de Ferrol na súa páxina web.

    As obras incluíron tanto a limpeza da zona coma o selado do lavadoiro xa que as
    súas fugas impedían o enchido do mesmo. Amais este colectivo ten proxectado a
    reparación dunha fonte anexa a dito lavadoiro, xa que o seu estado de deterioro causa a fuga da auga polos seus muros e impide o seu uso.

    Con esta acción, que neste caso acometeron soamente membros desempregados do grupo, queremos poñer novamente de manifesto a nosa petición de contratación de desempregad@s por parte do Concello de Ferrol para acometer o mantemento dos bens do mesmo.

    Outros lavadoiros do municipio foron obxecto de centos de miles de euros de inversión para a súa "restauración" e lles cambiaron totalmente a fisionomía pasando a ser máis unha nova construción. Non estamos en contra de ditas obras pero pensamos que hai outras obras prioritarias para o noso municipio, por exemplo a creación de beirarrúas nesta zona da comarca.

    Lavadoiro da Mina de ouro en Ponzos - Covas

    A mina a ceo aberto de Cobarradeiras (Ponzos), mina, que cremos de época romana, das mais grandes en superficie de Galicia, con outra en galerías subterráneas de principios do século XIX, coa súa canle artificial para conducir a auga hasta o lavadoiro de mineral, situado na praia de Ponzos.

    A principios do século pasado, a industrialización estaba en auxe, e a empresa explotadora da mina construíu unha nova galería de aproximadamente un quilómetro dende a mina ata a beira do mar. Alí levantaron a estrutura que é máis visible na actualidade, o antigo lavadoiro. Unha estrutura de formigón que se encontra cara á metade da praia de Ponzos e á que moitos se refiren como a propia mina. O certo é que a escavación inicial está a máis dun quilómetro de distancia, totalmente domada pola vexetación e o terreo.


    O mineral mesturado coa pedra chegaba ao lavadoiro e desfacíase en dous grandes muíños impulsados por unha caldeira de vapor. De aí, o resultado das extraccións ía parar a unhas balsas de decantación nas que supostamente se lavaba a pedra e se retiraba o mineral valioso.

    Na Illa Do Medio, en Stª Comba, atoparonse vestixios de ocupación do século III antes de Cristo, ata a Alta Idade Media, e achouse un forno de fundición de ferro, forno que algúns especialistas relacionan cos utensilios empregados na mina de ouro de Ponzos.

    No documento oficial da Xunta de Galicia, sobre o Plan de Organización do Litoral da Praia de Ponzos, poderémos ler como describen os restos do antigo lavadoiro da mina de ouro


    "Como elemento patrimonial figuran los restos de la explotación minera de cobre, de Covarradeiras, en estado ruinoso y hoy ocultada por la vegetación".


    Como un goberno pode dicir que é un elemento patrimonial e telo en estado ruinoso e cuberto de vexetación?

0 comentarios:

Publicar un comentario