• Manifesto

    "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos"

    Somos:
    Cidadáns concienciad@s co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, e outr@s cidadáns que se atopan en situación de desemprego (que non parad@s) que queren facer visible a grave situación que están a padecer.


    Pretendemos: 
    1- Denunciar ao Concello de Ferrol e as empresas contratadas para o mantemento destes servizos, polo desleixo e mal estado dos espazos públicos; zonas verdes, cunetas das estradas, edificios do patrimonio arquitectónico, zonas naturais de especial interese, e a ría de Ferrol. Esixímos a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles.


    2- Paralizar a obra por valor de 812.000 euros prevista por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e de despilfarro. Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos, en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.


    3- Visualizar a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o estado. E reivindicar traballando que queremos traballar, queremos sentirnos útiles a pesar de que o goberno do PP e algúns medios de dereita demonicen aos desempregad@s, (que non parad@s ).


    4- Converternos nun punto de encontro de converxencia social, para todos os cidadáns que se senten afectados polo desleixo tanto do Goberno Central, Autonómico e Local, para lograr entre todos un entendemento, toma de acordos e decisións para a realización de accións directas.


    * Calquera acción que decidamos emprender no medio natural, pediremos o asesoramento de membros do eido ecoloxista; SGHN, ADEGA ou VERDEGAIA.


    e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


    O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/  é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.


    Facebook: https://www.facebook.com/pages/Acción-Directa-de-Recuperación-de-Espazos-Públicos/445139632247757