• Solidarízanse

    ____________________________________________________



    NOTA DE PRENSA 

    A Unión Comarcal da USTG quere amosar publicamente seu apoio ao Grupo de Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos que, coa súa actuación, está denunciando e poñendo de manifesto o abandono e a despreocupación polo patrimonio material e inmaterial, que é de todos, por parte dos diferentes gobernos que se veñen sucedendo na nosa cidade. 

    Así mesmo queremos felicitar esta iniciativa que está facendo visible, dunha banda á posibilidade de creación de emprego, nuns intres nos que o paro está a xerar situacións de autentica pobreza e exclusión social e por outra, o malgasto dos cartos públicos. Pois, mentres que nos impoñen a austeridade e recortan prestacións e servizos sociais, dispoñer de mais dun millón de euros para a Praza de España parécenos obsceno. 

    Por iso apoiamos a reivindicación, do Grupo de Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, de que cos cartos previstos para investir na Praza de España se contrate a parados que poñan en valor e manteñan o Patrimonio do que todos os ferroláns deberíamos estar orgullosos. Ademais, de seguro se obtería unha magnifica proxección cara o turismo e, xa que logo, unha rendibilidade económica e creación de empregos. 

    Ferrol 14 de febreiro de 2013

    ____________________________________________________


    O DIQUE DA CABANA

    Escrito por Rosa Méndez Fonte; Especialista en Patrimonio e Sociedade e Doutora pola Universidade da Coruña, Gañadora da VI edición do “Premio de Investigación Concepción Arenal de Humanidades”, polo seu traballo “A conservación dos Monumentos Arquitectónicos en Galicia (1840-1940)”. Este premio bianual, é otorgado polo Concello de Ferrol e a Universidade de A Coruña. 

    Unha vez máis, o grupo “Recuperación de Espazos Públicos” deixou en evidencia a falta de sensibilidade, desleixo e descoñecemento do patrimonio da cidade que amosa o actual goberno municipal do Partido Popular.

    O Dique da Cabana é un elemento patrimonial recoñecido por boa parte dos ferroláns e ferrolás, abandoado dende hai anos e deixado desaparecer (dia tras dia) entre vexetación e esquecemento. Nada novo, por outra banda, cando asistimos con perplexidade a tantas outras desaparicións e esquecementos. Aspectos ambos que veñen a incidir na ignorancia (tinguida de incompetencia) inscrita no currículum de aqueles e aquelas que teñen nas súas mans a xestión desta cidade. Mais como todo canto ocorre no diario ten detrás nomes e apelidos, non quero pasar de puntiñas ante a referencia principal: a concellería de Cultura, na que ocupa un papel especial o profesor de Historia Moderna da Facultade de Humanidades (Ferrol), Manuel Reyes García Hurtado. Un cidadán censado na cidade, pero nacido ben lonxe de Galicia, que semella, a pesares de tantos vivindo en Ferrol, un profundo descoñecemento da cidade, da súa cultura e das súas referencias patrimoniais. Mala elección a da súa persoa, señores do PP; pero moito máis grande o erro de quen aceptou o posto, descoñecendo as súas grandes lagoas intelectuais no eido da historia local. Sobre todo tendo en conta a súa procedencia: unha facultade, onde o coñecemento e a investigación ocupan un lugar primordial; aínda que non sempre isto poda presusupoñérselles a todos e todas os que imparten docencia na mesma. 

    Mais volvendo ao inicio, non podo menos que felicitar aos membros de “Recuperación de Espazos Públicos”. Novamente, sitúannos ante a recuperación dun ben patrimonial esquecido pola Administración local. Alguén debería tomar boa nota do seu traballo. Namentres nós, a cidadanía, seguimos a sufrir tan intolerable xestión política. Pero o tempo pasa, os gobernos cambian e a este tan só lle quedan apenas dous anos. 

    Haberá entón que poñerse a traballar e reparar desfeitas. Mágoa o tempo perdido, porque esta cidade non pode permitirse experimentos como este, que tanto dano fan.
    ____________________________________________________


    Dende a AV de Esteiro

    Queremos denunciar unha vez máis o que sucede en Urbanismo e Obras. 
    Será a terceira vez que se repare este paso de peóns da Rúa Rochel xunto ao Centro da Terceira Idade da Praza de España, xa pasara outro tanto co que vai de Santo Amaro a Lugo tamén na rúa Rochel, outro tanto co Túnel da Praza de España, que nunca explica cales son os problemas que ten e que é o que se arranxa, e tamén con lousas na Rúa Real que xa se arranxaran para o paso das procesións do 2012 . 

    E tanta e tan grande a incompetencia do Concelleiro de Urbanismo e Obras e do seu "asesor", que ninguén entende como o Alcalde da cidade non o ten cesado xa, con tantos motivos como hai. Estamos seguros que deixará sen arranxar o paso de peóns e a beirarrúa que atravesa a rúa Españoleto desde o Supermercado DYA a parte traseira da Compañia de María que está completamente esnaquizado e as numerosas fochas de toda a rúa Españoleto que, co desvío de todo o tráfico por esa rúa durante un mes, áinda quedará máis furada. 

    A imaxe da cidade de Ferrol para calquera persoa que veña de fóra e absolutamente lamentable, grazas ao Sr. Evia, que prefire malgastar na Praza de España, un millón de euros, na Rúa do Sol, en Abrir Ferrol ao Mar en derrubar o Bambú Club, etc, etc e ten os espazos públicos da cidade, como ven denuciando o Colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" e ao mesmo tempo facendo os traballos de limpeza do Patrimonio Público que o Concello de Ferrol non fai. 

    Se o Sr Evia quere un Pulmón Verde que actúe no espazo municipal do Montón.
    ____________________________________________________


    Dende a Asociación Cultural Fuco Buxán solidarizámonos coa Plataforma Acción Directa. Recuperación de Espazos Públicos, e coas súas motivacións. 

    Felicitámolos polo traballo realizado, que pon de manifesto a desidia do goberno municipal e das administracións no rescate e conservación do patrimonio de toda a cidadanía.

    ____________________________________________________


     Escrito por Enrique Barrera Beitia
    No xornal o Diario de Ferrol

    El colectivo ciudadano autodenominado “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos” tiene una original manera de llamar la atención sobre el lamentable estado de conservación de determinados espacios ferrolanos: han limpiado y reparado gratis, minas, fortines y lavaderos de Covas, San Cristóbal y A Cabana para resaltar su abandono.

    De paso reclaman al Ayuntamiento que los 700.000 euros que están consignados para la plaza de España se redistribuyan para financiar la limpieza y saneamiento de determinados lugares a través de contrataciones directas por el Concello a media jornada, para beneficiar al mayor número posible de desempleados.

    Sería de agradecer que el Concello ferrolano se hiciera eco de esta demanda y habilitase una partida económica para fomentar el empleo, reducir la degradación ambiental y aliviar la situación de muchas familias.

    ____________________________________________________


    COMUNICADO DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA

    ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O DESPILFARRO DOS CARTOS PÚBLICOS QUE O PP QUERE ENTERRAR NA PRAZA DE ESPAÑA

    COMPARTIMOS E ALENTAMOS A CIDADANÍA A RECUPERAR OS ESPAZOS PÚBLICOS QUE O GOBERNO DO PP DEIXA QUE SE DETERIOREN

    EU AVOGA POLO FOMENTO DAS CUADRILLAS MUNICIPAIS CON PERSOAS DE FERROL NO DESEMPREGO E NON POR CONTRATAS ONEROSAS E POUCO EFICACES

    O Consello comarcal de Esquerda Unida quere manifestar o seu apoio ás iniciativas cidadás que formulan alternativas críticas ao crecente deterioro da cidade, sen que dende o Goberno Municipal haxa outra cousa que desdén e autoritarismo como respostas. Respostas propias dun goberno ao que lle molesta a cidadanía e que somentes se atopa cómodo na escuridade dos negocios privados.

    O xurdimento da iniciativa Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos expresa o malestar cidadán cunha política do PP inútil e onerosa: non se atenden as pequenas e importantes demandas da cidadanía e se malgastan cartos públicos en proxectos e rectificación de proxectos que semellan no intre actual claramente innecesarios. EU saúda e apoia esta iniciativa cidadá.

    A recente limpeza do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos expresa o exemplo de como se poden facer as cousas e como, desgrazadamente, non se fan por este Goberno Municipal. Ou o exemplo da cidadá maior que tivo que desbrozar o vial de san Xurxo, son exemplos que deixan en evidencia a incapacidade do Goberno para atender aos pequenos arranxos que fan máis fácil a vida das persoas e que unha acción municipal eficiente e eficaz debería producir.

    Non é o caso. Este Goberno prefire pagar moito por obras grandes innecesarias e desatender as pequenas e importantes demandas da cidadanía formuladas para preservar do deterioro aos espazos públicos da cidade: de Esteiro ao vial de San Xurxo, abondan casos de desatención que deberían producir unha severa rectificación deste Goberno Municipal.

    Esquerda Unida empraza a alcaldía de Ferrol a asumir a loita contra o desemprego e a recuperación dos espazos públicos da cidade mediante o investimento dos cartos públicos que se queren enterra na praza de España nunha iniciativa distinta, a da contratación como cuadrillas de obras e servizos a persoas desempregadas da nosa cidade. O estado físico e social de Ferrol agradecería a realización dunha iniciativa positiva e económica. Son estes tempos para achegar emprego na nosa cidade con investimentos necesarios.

    Ferrol, luns 6 de agosto de 2012

    ____________________________________________________

    Bos días; A min paréceme ben a idea, así que contades co meu apoio, testimonial mais que físico,por que teño 78 anos e xa non estou para moitos trotes.
    Sen mais saúdos.


    José María F. P.
    ____________________________________________________

    Ánimo, eu xa pertenzo a unha asociación de veciñ@s na que levamos tempo facendo moitas das tarefas que lle corresponden a o concello. E aínda que o denunciamos nos medios de comunicación, seguen a facer oídos xordos. Vos respondo a modo individual, non como asociación, e contade conmigo, sí me cadra poder axudar de vez en cando. Penso que é hora de actuar con iniciativas de este tipo, e non estar sempre a chorar e dar por imposible un cambio social pensado na cidadanía. Repito, moito ánimo, vos estades manifestando con o exemplo, non con verbas vagas, nin discursos intelectualoides, nin mentiras. 
    Vós sabedes o que queredes. Unha aperta de


    Colás.
    ____________________________________________________

    Paréceme una idea moi ben axeitada co que está a ocorrer a tódolos niveis. Ben quixera nestes momentos ofrecervos algo máis que o meu apoio de palabra, pero atópome compretamente desbordada por varios temas nos que tamén estou a traballar (políticos, defensa do ateneo, o tema dos presupostos participativos-... e algún etcétera máis). En calquera caso, todo o meu ánimo e parabéns pola vosa idea, racional-solidaria e chea de esforzo común.
    Grande aperta a todos e a todas!


    Rosa M.
    ____________________________________________________

    Pois vou-vos tomar o relevo, vou fazer a proposta na assbleis de desempregados da coru e a ver q acontece, a idea paréceme soberbia, beneficio publico e visibilização social do coletivo de parados, mellor imposíbel !!!
    Beijos


    Maria C.
    ____________________________________________________

    Sigo con interés vuestra actividad, que me parece encomiable y lamento la indiferencia y el desinterés de quienes están obligados a velar por el patrimonio y por los intereses de tantos parados, mientras invierten importantes sumas en encargar proyectos ya efectuados, como la Plaza de España. Creo que del gobierno municipal actual, nada bueno se puede esperar, a no ser presionándolos hasta que revienten. Una muestra es el penoso estado de calles y aceras, que es el peor desde hace muchos años, con tal colección de furados, sin que se vean intenciones de los responsables del Concello, de solucionar o paliar esta situación. Las asociaciones de vecinos podrían organizar un concurso, de tipo humorístico, para ver quién tiene más “fochancas” en su ámbito. Habría que establecer tres premios: uno por el número de pozas; otro, para la “fochanca” más grande y el tercero para la más profunda. 

    Ánimo y un saludo. 

    Amadeo
    ____________________________________________________

    Impresionante esta fortaleza, viendola ahora, despues de vuestro fantástico trabajo. Os felicito de nuevo por vuestra labor. Os ruego me sigáis informando de vuestras actuaciones, por si en algún momento pudiese echar una mano. Tenemos un patrimonio abandonado, que algunos ni conocemos. Una pena. Y las autoridades, en lugar de colaborar y arropar, seguro que ni os contestaron a vuestro escrito. Lamentable. 

    Un cordial saludo 

     Luis María Taboada